Blogia
Andresadas

¿ Recollepelotas guapas o eficaces?

¿ Recollepelotas guapas o eficaces? Durante o ano pasado no Masters Series de tenis de Madrid, no mes de Outubro, o concello de Madrid decidiu colocar como recollepelotas ás modelos da marca Hugo Boss. Isto provocou protestas pola oposición: tanto os representantes de Madrid do PSOE e IU mostraron a sua indignación coa nova medida. FACUA tamén denunciou á compañía Hugo Boss xa que considera a imaxe das mulleres como denigrante.

O PSOE decidiu mandarlle unha carta a Manuel Santana para que rectificase e colocara de novo a todos os rapaces que adestran duro para estar aí ano tras ano. O PP non mostrou nengunha opinión, senón que ficou completamente en silencio...

Isto pode perxudicar a imaxe da candidatura de Madrid para os Xogos Olímpicos do 2012, pero mentres o concello se mantén á marxe, outras zonas do país móstranse reacias ás decisións de colocar a este tipo de modelos, como é o caso de Asturias. Neste caso, considérase que as mulleres representan meros reclamos sexuais, e ainda que Hugo Boss sexa un dos patrocinadores da marca, non debería colocar a este tipo de mulleres para promocionar os seus productos.

Ás queixas se unen os tenistas e parte do público, sobre todo o feminino, que non o atopa para nada divertido e eficaz, xa que as modelos se confundian ao pasar as bolas, e tamén cando tiñan que cruzar dun lado ao outro da pista, co cal, o evento desportivo se se fixo mais vistoso, non foi polo xogo dos tenistas, senón pola figura das modelos.

¿ Que vos parece?¿ É lóxico que Hugo Boss coloque este tipo de promoción? Comentade o que pensedes sobre este tema.

0 comentarios